viernes, 23 de marzo de 2012

"O Blog como ferramenta na Orientación Educativa" por Daniel Veiga Martínez

Daniel Veiga nos fala das ventaxas no ámbito educativo do uso dos blogs, entre esas ventaxas destaca que un blog é:
-Un sistema sinxelo, rápido e sen coste para publicar en internet.
- O visitante ten a posibilidade de participación e interactividade.
-O uso da sindicación de contidos (rss) doutros blogs.
Dentro das aportacións pedagóxicas do uso educativo do blog, destaca:
-Posibilita e potencia a alfabetización dixital do alumnado.
-Aporta unha dose de motivación engadida para as aprendizaxes de lectura e escritura.
- Permite a formación audiovisual.
-O alumno/a é o protagonista do seu blog e a publicación inmediata reforza a sensación de éxito.
Pero non só iso, senón que tamén nos informa cómo él dende o seu centro embarcouse nesta aventura e cómo forma parte da educación dos alumnos do seu centro:
"Iniciamos ó alumno/a nas aprendizaxes específicas para organizar, compartir –comunicarse- e traballar coa información".
Froito de todo iste traballo nos amosa os blogs dos alumnos/as do IES “García Barbón”

Orientarse con internet é unha actividade formativa promovida polo Departamento de Orientación do I.E.S. “García Barbón” de Verín –Ourense- que, a partir do ano 2000 e ata o de agora, pretende dotar ó alumnado con distintas destrezas relacionadas co uso informado de internet e, de maneira máis específica, favorecer o seu proceso de orientación académica e profesional

jueves, 22 de marzo de 2012

O Blog como ferramenta da Orientación

O Blog como ferramenta da Orientación
Carmen Fernández Martinez no seu artigo " O blog como ferramenta da Orientación" nos fala da importancia das Tics no mundo da educación como unha ferramenta para achegarnos as familias e ao alumnado. Dende o seu blog Orientagades aloxado en WordPress fai unha análise do mesmo dende o seu comenzo ata o de agora e fundamentalmente resalta a enorme satisfacción personal que lle produce .
O uso do blog pretende fundamentalmente incorporar as TIC á labor orientadora. O noso papel é facilitar ao alumnado as ferramientas necesarias para que poida realizar o seu proceso de toma de decisiones. Neste sentido e dentro do ámbito das competencias básicas, convírtese nun instrumento para o desenvolvemento da competencia dixital e do tratamiento da información.
Unha das ventaxas do blog es a de poder resolver dudas puntuais sen a necesidade de concertar unha entrevista.
Un segundo obxetivo é o de recopilar recursos, webs, ferramientas para a formación, materias, etc. relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral.
En terceiro lugar, pretende proporcionar aos titores e ao profesorado en xeral materiales de utilidade para a acción titorial : técnicas de estudo, titorías interactivas, guías sobre ciberbullying, redes sociais, anorexia, materiais das probas de diagnóstico, educación en valores, para a convivencia.
Tamén nos fala da estructura do blog: Como en todos os blogs a información está estructurada en Categorías e Etiquetas. Páxinas estáticas con temas de interese para os usuarios
Tamén podemos atopar enlaces a portales e temas web do noso interese.
Conclusión:
As TICs chegaron con forza ao mundo da educación, e unha tarefa na que todos os profesionais debemos poñernos ao dia para mellorar no noso traballo e concretamente no dos orientadores, xa que unha parte moi importante do noso traballo e a de proporcionar información ao alumnado, familias e resto da comunidade educativa e, que mellor manera de facelo que dende un blog no que todos teñan acceso a información e aos constantes cambios da mesma.

A necesidade dun Blog profesional na tarefa orientadora

No blog de TotemGuard se establecen os 8 motivos para crear un blog profesional, entre eles se destaca que blogear permitenos plasmar as nosas ideas e reflexionar a posteriori sobre a evolución do noso traballo e pensamento, ademais de facernos co uso das tics, é dicir non ser só lectores de blogs senón tamén crear o noso. Permítenos comunicarnos con outros profesionais, intercambiar ideas e traballos e contribuir a mellorar a nosa imaxe como docentes. Fainos estar constantemente actualizados e axúdanos a conectar cos alumnos e/o pais, é motivador especialmente para os alumnos que no participanna clase
Axúdanos como docentes a mellorar a forma de explicarnos para facernos entender.
Escribir un blog precisa coidalo e mantelo actualizado constantemente o que nos fai ser creativos.
Finalmente podemos contribuir a cambiar e extender esta imagen tan positiva para a nosa profesion profesión.
Co blog podemos expresar as nosas opinións, mantenono actualizados e podemos manter informados aos nosos alumnos no campo da educación.
Por todo iso nace este novo blog, co fin de amosar as inquedanzas dentro da orientación educativa.