viernes, 23 de marzo de 2012

"O Blog como ferramenta na Orientación Educativa" por Daniel Veiga Martínez

Daniel Veiga nos fala das ventaxas no ámbito educativo do uso dos blogs, entre esas ventaxas destaca que un blog é:
-Un sistema sinxelo, rápido e sen coste para publicar en internet.
- O visitante ten a posibilidade de participación e interactividade.
-O uso da sindicación de contidos (rss) doutros blogs.
Dentro das aportacións pedagóxicas do uso educativo do blog, destaca:
-Posibilita e potencia a alfabetización dixital do alumnado.
-Aporta unha dose de motivación engadida para as aprendizaxes de lectura e escritura.
- Permite a formación audiovisual.
-O alumno/a é o protagonista do seu blog e a publicación inmediata reforza a sensación de éxito.
Pero non só iso, senón que tamén nos informa cómo él dende o seu centro embarcouse nesta aventura e cómo forma parte da educación dos alumnos do seu centro:
"Iniciamos ó alumno/a nas aprendizaxes específicas para organizar, compartir –comunicarse- e traballar coa información".
Froito de todo iste traballo nos amosa os blogs dos alumnos/as do IES “García Barbón”

Orientarse con internet é unha actividade formativa promovida polo Departamento de Orientación do I.E.S. “García Barbón” de Verín –Ourense- que, a partir do ano 2000 e ata o de agora, pretende dotar ó alumnado con distintas destrezas relacionadas co uso informado de internet e, de maneira máis específica, favorecer o seu proceso de orientación académica e profesional

No hay comentarios:

Publicar un comentario